LIGA NACIONAL XUVENIL

0-1 | Vitoria de moito valor para o Xuvenil "A"

SÁBADO 05/10/2024 (18:00)  Campo: A CHEDA (150)

CD LUGO : 0 – PABELLÓN CF : 1 (0-1)

Os pabellonistas sumaron tres puntos de moito valor diante dun rival que sempre se lle deu mal pero nesta ocasión a balanza inclinouse a seu favor na cita da quinta xornada da Liga Nacional Xuvenil.

A primeira parte resúmese cun Lugo tentando levar a iniciativa con balón, pero sen chegar a atosigar e acercarse ao área branquiverde con perigo, pero sí con bastante posesión.

Con este panorama os de Iván Alonso e Brais Silva estiveron moi ordenados e conseguindo xerar perigo despois de roubar o balón.

O gol chega como consecuencia dun pase filtrado de Gómez para un desmarque de Soriano, que lle devolve o balón para que o primeiro fusile ao fondo da rede na zona do punto de penalti.

Gómez anotou o gol que deu a vitoria ao equipo en Lugo

Segundo tempo

Nada variou na reanudación, cos locatarios coa mesma liña de xogo. Foron pasando os minutos e os branquiverdes tiñan máis dificultades para ter o balón. 

Nos últimos vinte minutos os ourensáns tiveron que defender a vantaxe con uñas e dentes aínda que sen sufir moito posto que os lucenses, a pesar de ter balón nese último terzo de campo, non eran capaces de atopar claridade. Ao final 0-1.

O triunfo permite ao Pabellón situarse no terceiro lugar con 12 puntos, ocupando a segunda praza de ascenso. Na próxima xornada reciben ao Racing de Ferrol, líder do grupo cun pleno de triunfos para sumar 15 puntos.

FICHA TÉCNICA

CD Lugo: Mateo, Pardo (Juan, m.61), Aarón (Xoel, m.75), Castro, Xabier, Adrián (Uriel, m.61), Carlos (Raúl, m.61), Lucas, Sergio, Domínguez e Xavi Cidre (Diego, m.82).

Pabellón CF: Brais, Jorge, Lamús, Tiago, André, Ander, Julián, Cougil (Guti, m.88), Gómez (Bruno, m.63), Soriano e Mociño (Álex García, m.76). 

Árbitro: Jorge Méndez López, asistido nas bandas por Seco Barreira e Fernández Pita (Comité Galego-Lugo). Amonestaron a Castro (m.78) nos locatarios e a Soriano (m.22) e Gómez (m.44) nos visitantes.

Goles: 0-1, m.38: Gómez.