0-1 | Vitoria do Xuvenil "A" para comezar o ano
SÁBADO 11/01/2025 (16:00) Campo: A XUNQUEIRA-COMESAÑA (100)
CD AREOSA : 0 – PABELLÓN CF : 1 (0-0)
O Xuvenil "A" comezou ben o ano 2025 ao sumar os tres puntos en terras viguesas no partido correspondente á decimosexta xornada da Liga Nacional Xuvenil.
Na primeira metade o marcador non se movería e foi no comezo da segunda cando os pabellonistas conseguiron anotar o único gol do partido nun remate de Tiago, a centro de Lucas despois dun saque dende o curruncho, cando apenas se levaban disputados seis minutos.
Co marcador a favor os de Iván Alonso e Xoel Docampo souberon manexar a renda e manter a portería a cero. Con este triunfo o equipo suma 35 puntos ocupando a terceira posición na táboa clasificatoria a falta dunha xornada para o final da primeira volta.
Na próxima xornada os branquiverdes recibirán na tarde do sábado no Miguel Ángel ao Ural Español de A Coruña.
FICHA TÉCNICA
CD Areosa: Guille, Bruno, Izan, Pablo, Xurxo, Lucas (David, m.72), Juan Carlos (Aldo, m.83), Darío, Iker (Madale, m.58), Liam (Álex, m.58) e Dani.
Pabellón CF: Abraham, Joel, Lamús, Tiago, André, Ander, Soriano, Julián (Bruno, m.69), Cougil (Nico, m.90), Lucas (Melguizo, m.69) e Mociño (Gael, m.81).
Árbitro: Rubén Extremadura Hernández, asistido nas bandas por Cáceres Muñiz e Díaz Cancela (Comité Galego-Vigo). Amonestou a Ander (m.88) nos visitantes
Goles: 0-1, m.51: Tiago