El tiempo
lunes. 29.04.2024
El tiempo

COPA DIPUTACIÓN

0-3 | O Senior cae na Copa coa cabeza alta

SÁBADO 10/02/2024 (16:30)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)

PABELLÓN CF : 0 – VERÍN CF : 0 (0-2)

Antes de iniciarse o partido gardouse un minuto de silencio polo recente falecemento do mítico porteiro ourensán D. Miguel Ángel González Suárez. O campo Municipal dos Remedios leva o seu nome dende o ano 2010. Ambos equipos posaron cunha pancarta no seu recordo.

En canto ao enfrontamento, o conxunto verinense levouse a eliminatoria diante dun conxunto local que puxo moito empeño e que estivo a punto de marcharse ao descanso sen que se movese o marcador xa que os dous tantos visitantes, obra de Mouriño e Óscar, chegaron nos últimos instantes da primeira metade.

De todos os xeitos o Verín levou a iniciativa na primeira metade con varias oportunidades de gol mentres os branquiverdes dispuxeron dunha ocasión nunha acción embarullada. 

Cacha controla un balón ante a presenza do verinense Hugo

Na segunda metade as cousas estiveron máis niveladas e o terceiro tanto dos visitantes chegaría a tres minutos do final cun penalti transformado por Enio.

Con este resultado os de Toño Sanmartín despídense do torneo copeiro e agora deberán centrarse na competición ligueira dentro do Grupo 2º da Segunda Galicia. O 18 de febreiro recibe nos Miguel Ángel-Os Remedios ao Paderne. VER RESULTADOS DA COPA DEPUTACIÓN.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Nacho, José (Mario, m.46), Rober (Guzmán, m.46), Berni, Iago, Aldán, Sergio, Luis, Cacha, Madrigal (Iago Nieto, m.70) e Iker Gómez (Marcos, m.46).

Verín CF: Borja, Cristian, Jorge (Víctor, m.65), Luis (Daniel, m.65), Hugo, Mociño (Carlos, m.75), Salifo (Enio, m.65), Aarón, Yago, Óscar (Aitor, m.46) e Mouriño.

Árbitro: Hugo Alcázar González (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Cacha (m.68) e Marcos (m.68) nos locais e a Jorge (m.65) nos visitantes.

Goles: 0-1, m.39: Mouriño. 0-2, m.40: Óscar. 0-3, m.87: Enio, de penalti.

Senior-Verín 2
Os capitáns de ambos equipos Sergio (Pabellón) e Hugo (Verín) co colexiado
0-3 | O Senior cae na Copa coa cabeza alta