SEGUNDA FUTGAL

1-0 | Primeira vitoria para o Senior

DOMINGO 14/09/2025 (17:00)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (150)

PABELLÓN CF : 1 – UP TABOADELA : 0 (1-0)

Primeira vitoria do Pabellón a costa do Taboadela na segunda xornada da Segunda Futgal, polo que o equipo suma os 3 primeiros puntos.

Aos once minutos de partido chegaría o único gol do enfrontamento. Moure pugnou por un balón aéreo gañandolle a partido ao defensor e de disparo raso pegado ao pao anotar. Na primeira metade, na que Xoel tivo que retirarse por unha lesión muscular, os de Toño Sanmartín tiveron varias oportunidades para anotar.

Xoel tivo que sair do campo no minuto 22 por unha lesión muscular
Xoel tivo que sair do campo no minuto 22 por unha lesión muscular

Na segunda parte os pabellonistas sairon mellor e Numan, de falta, e Moure dispuxeron de sendas ocasións para haber sentenciado o choque. O Taboadela quixo pero non puido. Acosou traspasado o ecuador desta fase pero apenas disparou á portería. Ao final, con certo suspenso, os puntos quedaron na casa.

Na próxima xornada o Pabellón visita ao Rayo 21 CF no campo de Eiroás. 

Os capitáns de ambos equipos, Sergio (Pabellón) e Jorge Menor (Taboadela) co colexiado Hugo Cid
Os capitáns de ambos equipos, Sergio (Pabellón) e Jorge Menor (Taboadela) co colexiado Hugo Cid

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Anxo, Rober, Luis (Miguel Ángel, m.60), Rubén (Johnny Nóvoa, m.70), Mario, Sergio, Aldán, Óscar, Xoel (Cacha, m.22), Numan (Jhony Merlo, m.60) e Moure. 

UP Taboadela: Miguel, Xian, Sobrado, Iago (Gabriel, m.76), Alejandro (Roberto, m.73), Hugo (Santi, m.60), Yago (Martín, m.60), Aarón, Jorge, Jonay (Noel, m.76) e Lama.

Árbitro: Hugo Cid Seara (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Luis (m.15) e ao técnico Toño Sanmartin (m.90) nos locais e nos visitantes a Jorge (m.38).

Goles: 1-0, m.11: Moure.