1-4 | Triunfo contundente do Senior
SÁBADO 11/01/2025 (16:00) Campo: OUTEIRO MAIOR (100)
SPORTING VILAMARÍN : 1 – PABELLÓN CF : 4 (1-2)
Vitoria contunde dos branquiverdes a domicilio para comezar con bo pé o ano no choque correspondente á xornada duodécima, penúltima da primeira volta, no Grupo 1º da Terceira Futgal.
Os de Toño Sanmartín, que suman 21 puntos e recuperan posto de promoción, comezaron fortes no inicio do partido e conseguiron tomar unha vantaxe de dous goles cun dobrete de Numan en apenas vinte e catro minutos. O empuxe local permitiulle acortar distancias a escasos minutos del descanso nun remate de Iván.
A segunda parte desenvolveuse cos locatarios buscando o empate e o os pabellonistas tratando de pechar a confrontación, algo que conseguirían avanzada a segunda metade cos goles de Ignasi e Pibe.
Na próxima xornada que pecha a primeira volta o Pabellón recibe o domingo (16 horas) ao CD Barco "B", noveno clasificado con 12 puntos.
FICHA TÉCNICA
Sporting Vilamarín: Carlos, Iago (Couto, m.59), Brais (Luis, m.46), Bosquet, San Martín (Samuel, m.81), Roi, Pablo (José Luis, m.66), Iván, Ricardo (Joel, m.81), Xurxo e Pedro.
Pabellón CF: Anxo, Aldán (Ignasi, m.59), Rober (Guille, m.83), Pedro, Rubén, Sergio, Diego (Luis, m.69), Madrigal, Numan, Noli e Pibe.
Árbitro: Martín Pérez Quintas (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Ricardo (m.47) e Bosquet (m.86) nos locais e a Pibe (m.79), Guille (m.88) e Rubén (m.90) nos visitantes.
Goles: 0-1, m.7: Numan. 0-2, m.24: Numan. 1-2, m.41: Iván. 1-3, m.77: Ignasi. 1-4, m.83: Pibe.