LIGA NACIONAL XUVENIL

1-3 | Tres bos puntos para o Xuvenil A

SÁBADO 13/09/2025 (12:15)  Campo: SANTA MARIÑA (125)

CD CHOCO: 1 – PABELLÓN CF : 3 (1-2) 

O Pabellón apuntouse os tres puntos na súa saída a Redondela para sumar un pleno de triunfos no inicio da Liga Nacional Xuvenil e acumular 6 puntos.

Os de Rubén García sairon presionando e despois dunha falta tras un roubo de balón, André anotaría o primeiro coa cabeza aos dez minutos de xogo.

Despois desa acción os locatarios comezaron a moverse mellor e cinco minutos despois unha pérda de balón permitiu un pase filtrado entre liñas que acabaría aproveitando Bruno para igualar o choque.

Pouco a pouco o Pabellón foise sentindo mellor sobre o verde complicándolle a saída aos redondeláns. Nun roubo de balón nacería o segundo dos ourensáns tras culminar a acción Iker Regueira e incluso o marcador puido ser máis amplo ao descanso tras non aproveitar os branquiverdes varias oportunidades.

O defensa André anotou o primeiro gol dos branquiverdes
O defensa André anotou o primeiro gol dos branquiverdes

Segundo tempo

Na volta de vestiarios o equipo soubo aguantar aos locatarios e aos seis minutos da reanudación unha nova contra acabaría significando o 1-3 tras anotar Iker Regueira novamente.

De ahí ata o final o equipo defendeu con solvencia e o Choco apenas inquietaría a meta defendida por Breogán, que foi castido cun libre indirecto dentro do área sen consecuencias.

Na próxima xornada o Pabellón recibe no Miguel Ángel ao CD Areosa de Vigo, que suma 2 puntos tras dous empates.

FICHA TÉCNICA

CD Choco: Jairo, Alejandro, Rivero (Martín, m.67), Daniel, Pablo, Hugo Couñago, Bruno (Gabriel, m.67), Iago Carreira (Álex Míguez, m.78), Izan (Iván, m.57), Iago González e Nico (Óscar, m.67).

Pabellón CF: Breogán, Gael (Iván, m.80), Tiago, André, Guille, Ander, Melguizo, Lucas (Mancebo, m.68), Veiras (Jesús, m.46), Nico (Bruno, m.63) e Iker Regueira (Samuel Ferraz, m.63).  

Árbitro: Carlos Vilavedra Rodríguez, asistido nas bandas por Cubas Vilanova e Álvarez Peiteado (Comité Galego-Vigo). Amonestaron a Hugo Couñago (m.63) e Iván (m.86) nos locaias e nos visitantes a Veiras (m.5), André (m.24) e Breogán (m.90).

Goles:  0-1, m.10: André. 1-1, m.15: Bruno. 1-2, m.32: Iker Regueira. 1-3, m.51. Iker Regueira.