1-2 | Cuarta vitoria do Sénior en terra
SÁBADO 21/02/2026 (16:00) Campo: A MABELOSA (100)
TOÉN FS: 1 – PABELLÓN CF: 2 (0-1)
O Sénior sumou os tres puntos a domicilio no partido da 23ª xornada da Segunda Futgal e tivo que xogar cun home menos os vinte minutos finais, máis doce de desconto, pola expulsión de Raúl. É a cuarta vitoria da tempada nun campo de superficie de terra. O triunfo permite ao equipo alcanzar os 37 puntos.
Os de Toño Sanmartín, diante dun rival que chegaba en bo momento, tomaron vantaxe no mardador xun tanto de Jhonny Nóvoa traspasada a media hora de xogo, resultado co que se chegaría ao descanso.
O inicio da segunda metade foi movida, xa que aos sete minutos os locatarios conseguían o empate nun remate de Daniel, pero tres máis tarde Pede anotaba o 1-2.
Nun choque con moita disputa o partido entroun nunha fase moi intensa co cadro de Toén buscando, cando menos, a igualada. As cousas complicaríanse para os pabellonistas, que a falta de vinte minutos perdía a Raúl con cartón vermello directo.
Pese a xogar en inferioridade os branquiverdes defenderon o resultado con uñas e dentes con doce minutos de alargue, para finalmente levarse un traballado triunfo.
O Pabellón ten unha nova saída na próxima xornada, na que rendirá visita ao Viana no sempre complicado campo de As Carrelas.
FICHA TÉCNICA
Toén FS: Carlos, Ismael, Manuel, Adrián (Julio, m.70), Israel, Brais, Marcial (Mauro, m.70), Aarón (Gustavo, m.46), Diego (Brayan, m.46), Daniel e Gabriel (Christian, m.60).
Pabellón CF: Nacho, Rober, Pede, Pedro, Mario, Sergio, Noli (Enrique, m.73), Raúl, Aldán (Xoel, m.73), Numan e Jhonny Nóvoa (Luis, m.55),
Árbitro: Alejandro Alonso Cobelas (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Mauro (m.85) e Daniel (m.89) nos locais e nos visitantes a Pedro (m.42) e Rober (m.88). Tamén expulsou con vermella directa nos branquiverdes Raúl (m.70) e ao adestrador Toño Sanmartín (m.80)
Goles: 0-1, m.34: Jhonny Nóvoa. 1-1, m.52: Daniel. 1-2, m.55: Pede.