PRETEMPADA 26/27
O Sénior súmase á pretempada
06 de agosto de 2026 (17:23 h.)
O equipo Sénior comezou os adestramentos este mércores no Miguel Ángel para preparar a súa participación na Segunda Futgal. O cadro branquiverde presenta novidades na dirección do equipo, que estará a cargo de Juan Carlos "Figo" e Carlos Figueiredo.
Os pabellonistas, en plena construcción, presentan un bloque con varias renovacións con respedto ao equipo da pasada campaña e tamén algunhas caras novas que iremos dando a coñecer en vindeiras datas. O martes 11 de agosto terá o primeiro partido de adestramento no campo do Francelos da Primeira Futgal.