1ª Autonómica Xuvenil - Play Off

Cedeu ante un Antela que se meteu na fase de ascenso (0-3)

O Pabellón "C" da 1ª Autonómica Xuvenil rematou a competiciòn encaixando unha derrota contra o Antela no campo Os Remedios (0-3).

O equipo limiao xogábase moitísimo no envite xa que tiña que gañar para non depender doutros marcadores para meterse na fase de ascenso á Liga Galega. Os pabellonistas deron todo o que puideron encaixando o primeiro gol uns instantes antes de chegarse ao descanso (0-1).

Aos oito minutos da reanudación os vistantes incrementarían a vantaxe cun penalti e quince do final deixarían visto para sentenza o choque e a clasificación para a promoción. Ver ficha técnica.

Temos que destacar a boa campaña realizada polos pabellonistas, meténdose no Play Off entre os dez mellores equipos despois dunha primeira fase clasificatoria. Tamén cabe destacar o papel desenvolvido na Copa Deputación, na que chegou ata as semifinais. En liñas xerais os de Marcial González cupriron con creces. Ver clasificación.