LIGA NACIONAL XUVENIL

2-3 | O Xuvenil A perde e descende a Preferente

DOMINGO 17/05/2026 (12:00)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (250)

PABELLÓN CF: 2 – RC CELTA B: 3 (1-2) 

O Xuvenil A caeu co conxunto olívico pese a facer méritos para, al menos, haber conseguido un punto que o houbese librado do descenso á Preferente e continuar na Liga Nacional. Ademáis, nos resultados dos rivais directos o Boiro gañou no campo do Ural saíndo perxudicados os branquiverdes.

Nos outros tres partidos déronse os marcadores que se esperaban con vitorias de Conxo Santiago e Val Miñor B e a derrota do Atético Arteixo na casa co Victoria, que finalmente ascende á División de Honra.

 Tras quedar empatados a 40 puntos co Conxo Santiago, os ourensáns perden a categoría por peor coeficiente particular, xa que os santiagueses gañaron os dous partidos aos pabellonistas. Un punto houbese bastado para evitalo.

Os pabellonistas descenden por ter perdido o coeficiente particular co Conxo Santiago empatados a 40 puntos

As cousas xa se presentaban mal pese a depender de si mesmo, xa que o campión destacado visitaba o Miguel Ángel. Os de Rubén García fixeron problamente o mellor partido da tempada pero foi insufciente.

Pese a que o equipo tivo en dúas ocasións dous goles de diferenza en contra, deron a cara e na segunda parta, co 2-3 no marcador, tiveron un par de oportunidades para empatar pero os disparos de Nico e Iker Regueira no acabaron dentro da rede. Os dous primeiros tantos vigueses chegaron nas dúas primeiras chegadas á meta local.

Os quince minutos finais foron de un enorme desgaste do equipo, que volvería a ter ata dúas ocasións máis para haber empatado o choque, pero a mala fortuna que acompañou ao equipo durante gran parte do curso volveu a sair nesta xornada final. Pese aos intentos dos pabellonistas, ao final non puido ser. O descenso do equipo afecta ao Xuvenil B, que cae á Primeira Futgal.  

Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: P Roberto, Iván, Bericat, Tiago Barbosa, Guille (David, m.85), André, Gómez (Melguizo, m.85), Jesús (Tiago Cerdeiro, m.60), Nico, Álex Riveiro e Iker Regueira (Matías, m.73).

RC Celta B: Saúl, Diego, Damián (Nico, m.67), Jaime, Gondar, Hugo López, Dani Ruiz (Mateo, m.67), Sueiro, Hugo Coméndez (Matute, m.58), Cotelo (Izan, m.58) e Pablo (Leira, m.76).

Árbitro: Borja Cardoso Rodríguez, asistido nas bandas por González Castelao e Robles González (Comité Galego-Ourense). Amonestaron a Guille (m.50) e Melguizo (m.76) nos locais e a Damián (m.60) e Gondar (m.69) nos visitantes.

Goles: 0-1, m.7: Dani Ruiz. 0-2, m.12: Cotelo. 1-2, m.31: Iker Regueira. 1-3, m.54: Dani Ruiz, de penalti. 2-3, m.70: Gómez, de penalti.