1-2 | O Xuvenil A remonta e depende de sí mesmo
DOMINGO 10/05/2026 (12:00) Campo: OIRA (200)
OURENSE CF: 1 – PABELLÓN CF: 2 (0-0)
O Xuvenil A deu un paso de xigante cara á permanencia na Liga Nacional tras imponerse por 1-2 ao Ourense CF na 33ª xornada, penúltima do campionato. O conxunto branquiverde suma así tres puntos de ouro que lle permiten alcanzar os 40 e saír dos postos de descenso por arrastre cando só resta unha xornada para o final da competición. Todo se decidirá na última cita ligueira, na que os de Rubén García recibirán ao Celta B, flamante campión da categoría, pero outros rivais directos tamén teñen adversarios complicados.
O derbi disputouse con máxima intensidade desde o inicio. O Ourense CF levou máis peso co balón durante a primeira metade, pero foi o Pabellón quen se mostrou máis vertical e perigoso nas transicións ofensivas. Os visitantes tiveron dúas ocasións moi claras para adiantarse no marcador, en remates de Nico e de Álex Riveiro, que obrigaron ao equipo local a empregarse a fondo.
Tras o paso polos vestiarios, o encontro mantivo a igualdade ata que o Ourense CF conseguiu golpear primeiro. Andrés adiantou ao conxunto local e puxo costa arriba o choque para un Pabellón que, lonxe de renderse, reaccionou con carácter e determinación.
Co tempo xogando na súa contra e pouco máis de vinte minutos por diante, os branquiverdes deron un paso á fronte. O esforzo obtivo premio nos últimos instantes do partido. Iker Regueira devolveu a esperanza ao transformar o tanto do empate e, xa no treito final, Guille culminou a remontada cun gol cando os locatarios xogaban cun xogador de campo de porteiro, pola expulsión do titular, e que desatou a ledicia da bancada pabellonista.
Un triunfo de enorme valor para un Pabellón que continúa vivo na pelexa pola permanencia e que afrontará a derradeira xornada dependendo de si mesmo para intentar seguir un ano máis na categoría.
FICHA TÉCNICA
Ourense CF: Alejandro, Aitor (Lorenzo, m.90), Adrián, Diego, Carlos, Juan, Daniel, Hugo (Osorio, m.81), Pablo (Andrés, m.67), Borja (Breogán, m.90) e Garrido (Santi, m.90).
Pabellón CF: Roberto, Iván, Bericat, André, Guille, Ander, Gómez (Samuel Ferraz, m.75), Lucas (Tiago Cerdeiro, m.65), Nico (De Blasis, m.75), Álex Riveiro e Jesús (Iker Regueira, m.62).
Árbitro: Borja Cardoso Rodríguez, asistido nas bandas por Rodríguez Labrador e Rial Fernández (Comité Galego-Ourense). Amonestaron nos locales a Juan (m.32), Hugo (m.61), Carlos (m.78) e Osorio (m.90), expulsando tamén con vermello directo a Alejandro (m.90). De Blasis (m.90) foi amonestado nos visitantes, que sofrion a expulsión con cartón vermelo de Samuel Ferraz (m.90).
Goles: 1-0, m.71: Andrés. 1-1, m.89: Iker Regueira. 1-2, m.90: Guille.