LIGA NACIONAL XUVENIL

2-3 | O Xuvenil A morre na orilla

DOMNGO 14/12/2025 (12:00)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (125)

PABELLÓN CF : 2 – CD CONXO SANTIAGO : 3 (1-2) 

O Xuvenil A quedou sen premio no Miguel Ángel tras caer por 2-3 ante o Conxo Santiago nun encontro correspondente á 15ª xornada da Liga Nacional Xuvenil, marcado polo mal arranque dos locais e por un novo golpe desde os once metros cando mellor estaban os ourensáns.

O partido comezou costa arriba para os de Rubén García. O Conxo saíu mellor asentado, con máis ritmo e claridade, e esa superioridade inicial tivo reflexo no marcador. Os santiagueses aproveitaron as súas chegadas para colocarse cun 0-2 que castigaba en exceso a un Pabellón aínda frío e pouco preciso nos primeiros compases.

Superado o ecuador do primeiro período, o conxunto local deu un paso adiante. Chegaron as primeiras ocasións claras, con remates de Iker Regueira e Nico aos que lles faltou centímetros para atopar portaría, e unha acción especialmente clara na que o balón se paseou por diante da liña de gol tras un despexe defectuoso da defensa visitante, sen que ninguén acertase a empurralo. O Pabellón precisaba recortar distancias antes do descanso para manterse con opcións, e conseguiuno desde o punto de penalti, transformado por Lucas para poñer o 1-2.

Iker Regueira pugna por un balón con un contrario

Tras o paso polos vestiarios, o guión mudou por completo. O Pabellón saíu decidido, sometendo ao Conxo e pisando área con continuidade. Froito dese dominio chegou o empate aos dez minutos, cun tanto de Nico que facía xustiza ao bo inicio dos locais e acendía á bancada.

O gol deulle ás aos branquiverdes, que creron na remontada, aínda que o Conxo non renunciou ao ataque e buscou facer dano á contra. Cando mellor estaba o Pabellón, chegou o golpe definitivo: un novo penaltio sexto sinalado en contra como local nesta tempada— permitiu aos visitantes recuperar a vantaxe no marcador.

O cadro ourensán acusou o mazazo durante algúns minutos, pero volveu erguerse no treito final. Iker Regueira, Mancebo e David dispuxeron de claras ocasións para, cando menos, rescatar un punto, pero a falta de acerto e a mala fortuna impediron o empate e confirmaron que os puntos voasen do Miguel Ángel.

Con esta derrota, terceira consecutiva, o Pabellón queda con 18 puntos na clasificación e xa pensa na próxima xornada, na que volverá xogar como local nun derbi capitalino de máxima esixencia fronte ao Ourense CF.

O trio arbitral cos capitáns de ambos equipos

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Roberto, Gael, Tiago Barbosa, André, Guille, Ander, Tiago Cerdeiro (Hugo Oliva, m.80), Nico (David, m.80), Lucas, Veiras (Mancebo, m.55) e Iker Regueira (De Blasis, m.65).

CD Conxo Santiago: Iker, Adrián, Breixo (Brayan, m.62), Xoan, Antón, Uxío, Mateo, Xian, Xulián, Alfonso e Marcos (Pablo, m.70).

Árbitro:  Rubén Fernández Otero, asistido nas bandas por Mosquera Páez e Martínez Peña (Comité Galego-Ourense). Amonestaron a Tiago Barbosa (m.30) nos locais e nos visitantes ao suplente Naum (m.45) e Adrián (m.81).

Goles: 0-1, m.17: Marcos. 0-2, m.26: Xian. 1-2, m.45: Lucas, de penalti. 2-2, m.55: Nico. 2-3, m.65: Alfonso, de penalti.