LIGA NACIONAL XUVENIL

3-1 | Vitoria de pico e pala para o Xuvenil A

DOMINGO 16/11/2025 (12:00)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (125)

PABELLÓN CF: 3 – AJ LÉREZ: 1 (1-1) 

O Pabellón sumou tres puntos importantísimos, diante dun rival rocoso defensivamente no choque da undécima xornada da Liga Nacional Xuvenil. Con esta vitoria o equipo alcanza os 17 puntos.

Ao descanso o marcador era de empate a un tanto. Ander había adiantado aos locatarios ao rematar un saque de esquina e preto do descanso os pontevedreses empataron cun penalti anotado por Anxo. Neste periodo os branquiverdes gozaran de dúas ocasións en remates de Tiago e Jesús.

Na segunda metade os ourensáns tiveron que armarse de paciencia para superar o sistema defensivo do rival, que buscaba sorprender á contra.

AndréJesús avisaron con sendas ocasións claras ata que no tramo final os de Rubén García conseguiron adiantarse no marcador cunha diana de Jesús, que posteriormente conseguiría o terceiro, en sendas asistencias de Lucas, para afrontar o final sen apuros e obter unha vitoria vital. Na próxima xornada o Pabellón visita ao Boiro.

Jesús anotou o segundo e o terceiro gol dos pabellonistas

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Breogán, Iván (Gael, m.46), Bruno (André, m.62), Tiago Barbosa, Guille, Ander, Taigo Cerdeiro, Nico (David, m.62), Lucas (Hugo, m.89), Jesús e Simón (Mancebo, m.72). 

AJ Lérez: Saúl, Hugo, Mateo, Anxo, Marco, Yago, Rubén, Ezequiel, Dani (Aleixo, m.71), Nico (Iván, m.82) e Óscar (Martín, m.86).

Árbitro:  Álvaro Cid Rodríguez, asistido nas bandas por Cerreda Ferrón e Pérez Ochandategui (Comité Galego-Ourense). Amonestaron nos locais a Mancebo (m.88) e Ander (m.90) e nos visitantes a Rubén (m.9), Óscar (m.41), Ezequiel (m.71), Hugo (m.79) e Aleixo (m.86). 

Goles: 1-0, m.31: Ander. 1-1, m.37: Anxo, de penalti. 2-1, m.82: Jesús. 3-1, m.85: Jesús.

O trio arbitral cos capitáns de ambos equipos