LIGA NACIONAL XUVENIL

1-3 | Vitoria solvente do Xuvenil "A"

SÁBADO 17/05/2025 (17:00)  Campo: O MORRAZO (125)

ALONDRAS CF : 1 – PABELLÓN CF : 3 (0-2) 

O Pabellón sumou os tres puntos no desprazamento a Cangas de O Morrazo na antepenúltima xornada da Liga Nacional Xuvenil. Este marcador favorable permite aos branquiverdes sumar 58 puntos na sexta posición.

Os ourensáns fabricaron a vitoria nun bo primeiro tempo, cos goles de Etien e Melguizo,  nun periodo no que o cadro local apenas inquietou a portería defendida por Brais.

Tras o paso por vestiarios, nos primeiros compases da reanudación chegaría o terceiro dos pabellonistas nunha boa acción colectiva que finalizou en gol Melguizo despois dun centro ao segundo pao de Jorge.

Co partido totalmente controlado os branquiverdes tiveron varias ocasións para que a vantaxe fose maior, pero foron os cangueses quienes acortarían distancias cun penalti anotado por Víctor a falta de oito minutos para a conclusión. Ata o final o marcador non se movería máis.

Na próxima xornada, penúltima do campionato, o Pabellón recibe no Miguel Ángel ao Areosa de Vigo.

Os capitáns de ambos equipos Adrián (Alondras) e Jorge (Pabellón) co trio arbitral

FICHA TÉCNICA

Alondras CF: Mohammed, Luca, Breixo, Joao (Pablo, m.75), Pedro (Manuel, m.69), Adrián (Barciela, m.56), Iker (Garrido, m.75), Víctor, Anxo, Gabriel (Álvaro, m.56) e César.

Pabellón CF: Brais, Jorge, Samuel (Samuel Villar, m.85), Tiago, André, Ander, Melguizo (Bruno, m.75), Julián, Lucas (Iván, m.66), Nico (Mociño, m.66) e Etien (Martín, m.85).

Árbitro: Jorge Chan Pérez, asistido nas bandas por Bacariza Baltasar e Franco Echeverri (Comité Galego-Pontevedra). Amonestaron nos visitantes a Samuel (m.41), Iván (m.71) e ao adestrador Iván Alonso (m.82).

Goles: 0-1, m.6: Etien. 0-2, m.35: Melguizo. 0-3, m.48: Melguizo. 1-3, m.82: Víctor, de penalti