LIGA NACIONAL XUVENIL

7-3 | Dolorosa derrota do Xuvenil "A" en Abegondo

DOMINGO 04/05/2025 (12:30)  Campo: ABEGONDO (150)

RC DEPORTIVO "B" : 7 – PABELLÓN CF : 3 (6-2) 

Doloroso revés do Pabellón na visita ao Deportivo "B" na cita correspondente á xornada trinta da Liga Nacional Xuvenil. Con este resultado o equipo queda na sexta praza con 52 puntos a falta de catro xornadas.

Os branquiverdes entraron con mal pé sobre o verde de Abegondo, onde en doce minutos encaixaron catro goles -Miguel (2), Nico e Lucas- que deixaron o partido máis que encarrilado para os locatarios.

Antes do descanso Etien acortarìa distancias para responder novamente o cadro herculino co quinto obra de Nico. Soriano fixo o segundo dos ourensáns e Miguel completaba un hattrick nos primeiros corenta e cinco minutos situando o 6-2 no marcador.

A volta de vestiarios a segunda metade, por fortuna, estivo máis nivelado rexistrándose un tanto por cada equipo. Xian marcaría para os deportivistas e Bruno polos branquiverdes.

Na próxima xornada o Pabellón recibe no Miguel Ángel ao AJ Lérez de Pontevedra.

FICHA TÉCNICA

RC Deportivo B: Pablo, Guillermo (David, m.60), Xabi (Xoel, m.69), Ramón, Samba (Jorge, m.46), Abel, Nico (Yago, m.56), Telmo, Miguel, Lucas e Xian (Gael, m.56).

Pabellón CF: Abraham, Jorge, Tiago, Lamús (Samuel, m.60), André, Iván (Bruno, m.46), Ander (Mociño, m.82), Melguizo (Julián, m.60), Soriano, Lucas (Nico, m.65) e Etien. 

Árbitro: Pablo Rey Rodríguez, asistido nas bandas por Izzi Jorge e García Fente (Comité Galego-A Coruña). Amonestou a Jorge (m.73) e Samuel (m.81) nos visitantes.

Goles:  1-0, m.2: Miguel. 2-0, m.5: Miguel. 3-0, m.8: Nico. 4-0, m.12: Lucas. 4-1, m.18: Etien. 5-1, m.23: Nico. 5-2, m.29: Soriano. 6-2, m.41: Miguel. 7-2, m.50: Xian. 7-3, m.80: Bruno.