Xuntanza Pabellón C.F.

A Xuntanza de expabellonistas, que segue aberta, será o 14 de xaneiro

A Xunta Directiva acordou para o sábado 14 de xaneiro, a data para a Xuntanza de antigos directivos, adestradore, xogadores e todas aquelas persoas que de algunha maneira formaron parte deste club durante os 50 anos de existencia do mesmo.

O acto, á falta de confirmar a hora, cotempla unha misa na Igrexa de Santa María Nai en lembranza de todos aqueles branquiverdes falecidos ata a data. Posteriormente celebrarase un almorzo no Campo da Feira que terá un custo máximo de 15 euros por persoa.

A entidade pabellonista mantén aberta a inscrición para todos aqueles que queiran participar nesta Xuntanza. Para iso deben achegar ao club o formulario que figura no seguinte enlace. DESCARGAR FORMULARIO INSCRICIÓN

O formulario de inscrición debe enviarse ao correo electrónicopabellóncf@pabelloncf.com ou en formato foto por wahatsapp ao teléfono 649278183