Escola de Iniciación

Xornada deportiva da Escola co colexio Santo Ángel

O recinto anexo do Pavillón dos Remedios acolleu na tarde deste xoves unha xornada deportiva entre os cativos da Escola de Iniciación e o grupo de alunmos do Colexio Santo Ángel.

É a segunda xornada ao longo deste curso 2018-2019 na que o club organiza esta actividade coa celebración de diferentes partidos entre o grupo de cativos da Escola e os nenos do Santo Ángel cos que estamos a traballar dende outubro do ano pasado.