Alevís

Xornada completa na categoría alevín

Os catro conxuntos pabellonistas das diferentes categorías alevís completaron unha xornada inmaculada ao resolver favorablemente todos os compromisos.

No Play Off da 1ª Autonómica o Pabellón CF sacaba aidante (0-2) a visita ao CD A Purísima nas instalacións do Campus Universitario. Os de Jesús Rivera resolveron a cita na segunda parte cos goles de Julián e Yeray. Os nosos están a un punto de proclamarse campións.

Tamén estivo acertado o Pabellón Promesas dentro do Torneo Ourense Base ao vencer no campo de Eiroás (0-4) ao Santa Teresita. Os de Juan Carballo xa tiñan moito camiño avanzado ao final da primeira metade e na segunda redondearon a vitoria. Hugo (2) e José (2) foron os goleadores. O equipo acabou esta fase como primeiro de grupo e volverá a verse as caras co Santa Teresita no cruce de semifinais e de novo no campo de Eiroás. Ver cadro.

O Pabellón "B" obtivo unha vitoria holgada (9-2) nun partido que dominou de principio a fin. Mateo Vivián (3), Pablo (2), Nico, Samuel, Fabio e Mateo Dosantos anotaron os tantos. Os nosos son primeiros na táboa.

Pola súa parte, o Pabellón "C" impúxose ao Peroxa no campo de O Marco (1-2) na primeria xornada do Grupo 2 da Copa Deputación. Os tantos branquiverdes chegaron por medio de Aitor e 1 en propia meta.