Benxamís

Xornada completa para os benxamís

Os catro equipos pabellonistas das dúas categorías estiveron aplicados na xornada da pasada fin de semana.

No Play Off da 1ª Autonómica o Pabellón CF acabaría superando nos Remedios (7-1) ao Ourense CF, un rival moi activo na primeira parte. Na segunda os de Enrique Silva marcaron distancias no marcador. Guillermo (2), Mario (2), Pablo, Breogán e Dani foron os goleadores dun conxunto que xa ten praza na Fase Galega ocupando a primeira praza do grupo.

Tamén estivo moi activo en ataque o Pabellón Promesas na confrontación coa ED Celanova nos Remedios (5-1) correspondente ao Torneo Ourense Benxamín. Os de Gabriel Prada garantizaron a primeira praza do grupo a falta dunha xornada. Dani (2), Marco, Teo e Gabriel.

Nova vitoria do Pabellón "B" no Play Off da 2ª Autonómica nesta ocasión a costa do Ourense CF "B" no campo de Oira (1-4). Ao descanso os de Abel Afonso xa tiñan camiño avanzado (0-2). Gabri (2), Augusto e Iago anotaron os tantos. Os nosos seguen líderes invictos e o sábado teñen uha dura proba co CD Allariz.

Moita emoción e goles na cita do Pabellón Promesas "B" contra o Peroxa (5-4) dentro do Grupo A da Copa Deputación da 2ª Autonómica. O partido xa prometía ao descanso (3-2). Mario (4) e Iván foron os goleadores. O equipo é segundo no grupo.