FASE GALEGA SUR FÚTBOL 8
Xa temos horarios da Fase Intermedia en Xinzo
15 de mayo de 2025 (10:23 h.)
A RFGF deu a coñecer os horarios da Fase Intermedia Sur de Fútbol 8 que se celebrará este sábado nos campo de A Moreira e Fernández Carrera en Xinzo de Limia.
Pabellón Promesas, en alevíns, e Pabellón CF, en benxamíns, serán os nosos representantes. Os primeiros abrirán a xornada ante o AX Saraiba do Mar e os segundo ante o Arosa SC.