Liga Nacional Xuvenil

Vitoria do Xuvenil A nun partido no que nunca estivo cómodo

Tras dúas saidas consecutivas cun escaso bagaxe dun punto, o Pabellón volveu ao camiño das vitorias na Liga Nacional despois de desfacerse  nos Remedios do Porriño Industrial (1-0) nos Remedios. O equipo quédase a dos puntos da segunda praza que de ascenso.

Os branquiverdes nunca estiveron cómodos sobre o terreo de xogo debido á presión que exerceu o rival coas liñas moi xuntas e impedindo que os de David Carnero maniobrasen con comodidade. Ata o ecuador do primeiro acto as cousas estiveron equilibaradas sen ocasións de gol en ambas porterías.

Posteriormente, os pabellonistas disfrutaron dunha fase de maior dominio que derivou en dúas oportunidades claras nas que, en ambos casos, o balón pasou diante da meta visitante sen que aparecese un rematador.

Incluso houbo tempo para a polémica cun gol anulado a Sergio por posible fóra de xogo que os ourensanos viron a todas luces legal. Co marcador inicial chegaríase ao descanso.

Segundo tempo

Na reanudación o partido desenvolveuse co mesmo guion e aos vinte e cinco minutos chegaría a acción que cambiaría o rumbo do choque. Unha falta colgada ao área porriñesa chegou a Langa, que despois de facer un control orientado que o deixou en boa situación de remate a gol, foi arrollado por un defensa rival decretando o colexiado a pena máxima que se encargaría de transformar Iago Outeiriño.

Con esa vantaxe local os visitantes pasaron a dominar algo máis pero se chegar ao poñer en perigo a meta de Bruno, Eso sí, ios cancerbeiro tivo que enviar a córner un balón alto que levaba camiño da rede.

Os branquiverdes tamén terían un par de accións para pechar o partido que non fructificaron deixado uns minutos finais de partido plenos de incertidume. Ao final o marcador non se movería máis e os tres puntos quedaron na casa. Na próxima xornada, última do ano, o Pabellón visita ao Ural "B" na Coruña.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (1): Bruno, Dámaso, Langa, Juan Pablo, Iago Outeiriño (Mauro, m.86), Justino, Esteban, Sergio, Mociño, Fernando (Carracedo, m.86) e Carlos (Saúl, m.64).

Porriño Industrial (0): Marcos, Nogueira, Adrián, Sergio (Pedro, m.79), Iker, Nacho, Brais (Iker Fernández, m.,75), Iago (Nóvoa, m.75), Tiki (Borja, m.46), Izan e Marcos (Abraham, m.66).

Árbitro: Castro Fernández, asistido nas bandas por González Castelao e Álvarez Maya (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Justino (m.76) nos locais e a Nacho (m.69) nos visitantes.

Gol: 1-0, m.70: Iago Outeiriño, de penalti.

Incidencias: Partido da xornada catorce da Liga Nacional Xuvenil. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.