ALERTA LARANXA

Suspendidos os partidos deste sábado

Tras a última alerta decretada pola Xunta de Galicia, a Secretaría Xeral para o Deporte informou á RFEF e á RFGF da suspensión de todas as actividades deportivas, polo que as federacións ordenaron a suspensión de todos os partidos previstos para este sábado.

A medida afecta a todas as competicións e encontros programados para a xornada do sábado, co obxectivo de garantir a seguridade de deportistas, corpos técnicos, árbitros e afeccionados ante a situación meteorolóxica adversa.

Polo de agora, a xornada do domingo mantense, á espera da evolución da alerta e de posibles novas comunicacións oficiais por parte dos organismos competentes.

Desde o club permaneceremos atentos a calquera novidade e informaremos puntualmente a través das nosas canles oficiais ante calquera cambio que se poida producir.