SEGUNDA FUTGAL

0-0 | Sénior

DOMINGO 22/03/2026 (16:30)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (150)

PABELLÓN CF: 1 – ATLÉTICO VILARIÑO: 0 (0-0)

O Sénior sumou unha valiosa e sufrida vitoria fronte ao Atlético Vilariño no encontro correspondente á 27ª xornada da Segunda Futgal, nun duelo marcado pola igualdade e a intensidade ata o último segundo. Este marcador leva aos branquiverdes aos 49 puntos na sétima posición, a cinco da zona de promoción.

O partido comezou cun primeiro tempo no que o conxunto visitante estivo mellor, xerando dúas ocasións claras de perigo, mentres que os locais responderon cunha oportunidade moi destacada nas botas de Raúl, que estivo a piques de adiantar ao seu equipo. Tras o paso polos vestiarios, o Pabellón deu un paso adiante. O equipo axustou mellor as súas liñas e gañou presenza no xogo, comezando a xerar perigo con varias chegadas antes do momento clave do encontro.

O gol chegou precisamente a través de Raúl, aproveitando un erro do porteiro rival ao escapárselle o balón das mans, nunha acción que acabou decidindo o choque.

Raúl anotou o gol da victoria ante o Atlético Vilariño

A partir de aí, o Atlético Vilariño volcouse sobre a portería local. Os visitantes apretaron con balóns colgados, faltas laterais e saques de banda, buscando o empate, pero atopáronse cun Nacho moi seguro baixo paus, clave para manter a vantaxe.
O encontro alongouse ata máis alá do minuto 90, con 9 de desconto, nos que o Pabellón soubo sufrir para conservar o resultado.

En definitiva, tres puntos de ouro para o Pabellón, nun triunfo que foi froito do traballo e do esforzo de todo o equipo. Na próxima xornada o equipo visita ao Moreiras nun partido clave para seguir aspirando a meterse na promoción de ascenso.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Nacho, Aldán, Pedro, Pede, Mario, Sergio, Noli (Rober, m.85), Raúl (Óscar, m.85), Jhonny Merlo, Numan (Xoel, m.90) e Moure (Jhonny Nóvoa, m.76) (Enrique, m.90).

Atlético Vilariño: Pitu, Martín, Joshúa, Noé, Soso, Enry (Patas, m.50), Quinti (Diegocho, m.81), Luisca (Yago, m.56), Otero, Rilla (García, m.56) e Berto.

Árbitro: Noel Rodríguez Iglesias (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Moure (m.75), Jhonny Nóvoa (m.80), Raúl (m.80), Pedro (m.90), Xoel (m.90) e o adestrador Toño San Martín (m.55) nos locais e nos visitantes a Yago (m.85), Doegocho (m.87) e Joshúa (m.90).

Goles: 1-0, m.67: Raúl.