SEGUNDA FUTGAL

0-3 | Revés do Senior nunha mala tarde

DOMINGO 18/01/2026 (16:00)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)

PABELLÓN CF: 0 – CD ROCAS: 3 (0-3)

O equipo Senior caeu de maneira clara nunha mala tarde, na xornada que abría a segunda volta na Segunda Futgal. Os visitantes fabricaron a vitoria na primeira parte, na que anotaría os tres goles que campeaban no marcador ao final dos noventa minutos.

Os dous primeiros obra de Christian apenas transcurridos dezasete minutos con sendos balóns ás costas da defensa local e o terceiro, ao borde do descanso, cunha volea dende fóra do área de Ian que sorprendeu a Nacho.

Nesta fase, xa con vataxe rival de dous goles, o colexiado anularía un gol aos pabellonistas por un fóra de xogo moi protestado. Na segunda metade os de branquiverdes apenas crearon ocasións de gol diante dun Rocas que se defende sen florituras no Miguel Ángel.

Con este marcador adverso os de Toño Sanmartín quedan con 28 puntos e na próxima xornada visitan ao Taboadela no Outeiro do Miogo.

Os capitáns de ambos equipos, Sergio (Pabellón) e Aarón (Rocas) co colexiado Christian Robles

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Nacho, Aldán (Rober, m.80), Miguel Ángel (Luis, m.46), Pede, Mario, Sergio (Xoel, m.71), Jhonny Merlo, Raúl, Numan (Óscar, m.46), Moure e Jhonny Nóvoa (Noli, m.46). 

CD Rocas: Jorge (Anxo, m.46), Manuel, Nahuel, Sarmiento, Pablo, Christian (Diego, m.60), Rodolfo, Ian, Aarón (Fabio, m.65), Álex (Rubén, m.75) e Hugo (Javier, m.60).

Árbitro: Christian Robles González (Comité Galego-Ourense). Amonestou nos locais a Sergio (m.45) e ao adestrador Toño Sanmartín (m.55) e nos visitantes a Aarón (m.23), Christian (m.57), Manuel (m.73) e Rubén (m.84).

Goles: 0-1, m.12: Christian. 0-2, m.17: Christian. 0-3, m.43: Ian.