2-2 | Bo punto a domicilio para o Senior
DOMINGO 07/12/2025 (16:00) Campo: VICENTE SOLARAT (200)
CD RÚA: 2 – PABELLÓN CF: 2 (0-1)
O equipo Senior sumou un punto de mérito na súa visita ao Rúa na 14ª xornada da Segunda Futgal, nun encontro intenso e aberto que mantivo a emoción ata o último instante.
A primeira metade desenvolveuse baixo o control dos de Toño Sanmartín, que foron mellores nesta fase aínda que as cousas puideron cambiar cun balón ao pao dos locatarios na única acción perigosa nos primeiros corenta e cinco minutos.
Sen embargo, a recompensa a un bo periodo pabellonista chegaría no tramo final, cando Mario asinou un espectacular gol olímpico que puxo por diante aos ourensáns e permitiu encarar o descanso cunha merecida vantaxe mínima.
Tras pasar polos vestiarios, o conxunto valdeorrés entrou con outra marcha e saíu decidido a darlle a volta ao marcador. Hugo converteuse no protagonista local cun dobrete que puxo o 2-1 e cambiou por completo o guión do choque.
A reacción pabellonista non se fixo agardar. A quince minutos do final, e tan só catro despois do segundo gol local, Óscar apareceu para establecer o 2-2, devolvendo a igualdade e abrindo un tramo final vertixinoso. Nos últimos minutos puido pasar de todo: ocasións claras en ambas áreas, ritmo alto e sensación permanente de que o encontro podía caer de calquera lado. Pero o marcador xa non se moveu.
Co empate, o Pabellón alcanza os 21 puntos e encadea catro xornadas sen perder, consolidando a súa boa dinámica. Na próxima xornada, os branquiverdes despedirán o ano no Miguel Ángel recibindo ao Raio Alaricano.
FICHA TÉCNICA
CD Rúa: Brais (Denis, m.46), Borja (Iker, m.66), Hermida, Asier, Adrián, Pedro, Hugo, Roberto (Suso, m.46), Azael, Jorge e Juan (Lucas, m.66).
Pabellón CF: Nacho, Rober, Luis, Pede, Mario, Sergio, Noli (Xoel, m.88), Aldán (Óscar, m.61), Numan, Moure (Miguel Ángel, m.72) e Jhonny Nóvoa (Jhonny Merlo, m.61).
Árbitro: Manuel Jiménez Domínguez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Pedro (m.44), Juan (m.59), Suso (m.66) e Jorge (m.85) nos locais e nos visitantes a Sergio (m.53) e Pede (m.72)
Goles: 0-1, m.36: 1-1, m.58: Hugo. 2-1, m.76: Hugo. 2-2, m.80: Óscar.