SEGUNDA FUTGAL

3-0 | Derrota do Senior co segundo clasificado

DOMINGO 09/11/2025 (16:15)  Campo: O MEDO (100)

ATLÉTICO VILARIÑO : 3 – PABELLÓN CF : 0 (2-0)

.O Pabellón caeu na súa visita ao Atlético Vilariño no campo na xornada décima da Segunda Futgal, nun encontro marcado pola efectividade local e por un treito final da primeira metade que resultou decisivo.

Despois de que os pabellonistas desaproveitasen un penalti que non conseguiu transformar NoliPedro e Anxo, con dous goles case consecutivos, encamiñaron o triunfo para o conxunto segundo clasificado da categoría.

O inicio da segunda parte foi letal para os branquiverdes, que encaixaron o terceiro tanto e viron frustrado calquera intento de reacción. Os de Toño Sanmartín, nos que debutou Raúl Estévez, acumulan xa tres xornadas sen gañar e mantéñense na zona media da táboa con 13 puntos tras dez xornadas disputadas.

O próximo compromiso será no campo Miguel Ángel, onde o Pabellón recibirá ao Moreiras, sexto clasificado con 18 puntos.

FICHA TÉCNICA

Atlético Vilariño: Diego, Martín, Joshúa, Noé (Joel, m.80), Jorge, Yago (Alejandro, m.35), Diego (Hugo, m.58), Sergio (Enrique, m.46), Anxo (José Ramón, m.58), Pedro e Jorge.

Pabellón CF: Changui, Rober (Miguel Ángel, m.65), Luis, Pede, Mario, Sergio, Noli, Numan (Guzmán, m.56), Raúl, Moure (Jhonny Merlo, m,65) e Jhonny Nóvoa (Óscar, m.56). 

Árbitro: Noel Rodríguez Iglesias (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Martín (m.27), Pedro (m.87) e Joel (m.89) nos locatarios e nos visitantes a Jhonny Nóvoa (m.27), Luis (m.69), Guzmán (m.84) e ao técnico Toño Sanmartín (m.88).

Goles: 1-0, m.37: Pedro. 2-0, m.41: Anxo. 3-0, m.50: Noé.