2-2 (4-3) | O Senior sofre pero ascende
DOMINGO 08/06/2025 (18:30) Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (300)
PABELLÓN CF : 2 – BANDE FC : 2 (1-1) Global (4-3)
O Pabellón conseguiu o ascenso á Segunda Futgal despois de empatar a douses e facendo valer o resultado favorable que obtivera na ida no Outeiro (1-2) para deixar a eliminatoria nun global de 4-3.
Os branquiverdes sufriron bastante ante un rival que estivo mellor durante moitos minutos, pese ao gol do xuvenil Nico aos vinte minutos no que sería a única ocasión local no primeiro tempo.
Dez minutos máis tarde Lito establecía a igualada cun disparo lonxe que petou no travesieiro e baixou hacia a portería dando gol o asistente. Neste periodo o Bande levou completamente a iniciativa con moita libertade na zona central do campo con Lito e Joel. Ao descanso chegaríase co empate a un tanto.
Segundo tempo
O retorno de vestiarios deixounos o mesmo guión incrementado co gol de Koke aos tres minutos para igualar a eliminatoria. Pouco despois Toño Sanmartín moveu pezas e esa nova recomposición do equipo, obrigada entre lesións e cansanzo, foi determinante.
Pibe deu máis presenza en ataque ao equipo e co pase do xuvenil Soriano e Noli ao mediocampo, e despois con Rober, o equipo gañou fútbol e control. De feito un pase entre liñas de Soriano a Pibe acabaría dentro da portería visitante para empatar o choque (2-2) a dez minutos do final.
Incluso Rober, como centrocampista, probou fortuna cun disparo seco dende lonxe e o balón petaría no poste. O tramo final tivo moita emoción pero o marcador non se movería máis e o ascenso foi para os branquiverdes.
FICHA TÉCNICA
Pabellón CF: Anxo, Rober, Luis, Pedro (Miguel Ángel, m.64), Aldán, Sergio (Mejuto, m.69), Rubén (Pibe, m.57), Soriano, Nico, Noli e Iker Regueira (Numan, m.64).
Bande FC: Apolo, Alén, Miguel, Adri (Vaneco, m.81), Joel, Koke (Teixeira, m.60), Dani (Troita, m.90), Lito, Iker (Miranda, m.81), Quintas e Mauro (Héctor, m.46).
Árbitro: Manuel Pazos Rodríguez, asistido nas bandas por Queija Domínguez e Jiménez Domínguez (Comité Galego-Ourense). Amonestaron a Pedro (m.55) e Aldán (m.89) nos locais e a Alén (m.82) nos visitantes.
Goles: 1-0, m.20: Nico. 1-1, m.30: Lito. 1-2, m.48: Koke. 2-2, m.79: Pibe.