PROMOCIONES

Sénior e Infantil A xa teñen rivais nas promocións

O equipo Sénior terá como rival na promoción de ascenso a Primeira Futgal ao Colegio Hogar de Vigo na primeira eliminatoria. O partido de ida será no Miguel Ángel o 31 de maio e o choque de volta está marcado para o 7 de xuño en terras olívicas.

A escuadra colexial foi terceira clasificada no Grupo de Vigo con 58 puntos. O gañador desta eliminatoria enfrontarase por unha praza de ascenso ao vencedor da que disputan San Miguel e Puente Arnelas,

Pola súa parte, o Infantil A medirase ao Santa Mariña na primeira rolda para permanecer na División de Honra e os olívicos para dar o salto a esa categoría. O 31 de maio será o primeiro partido no Miguel Ángel e o 7 de xuño o segundo en Cotogrande.

O equipo olívico accedeu como terceiro clasificado no Grupo 3 da Preferente Futgal ao non poder participar o Celta B como segundo. Na outra eliminatoria mídense Compostela e Bertamiráns

Os vencedores de ambas confrontacións disputarán a rolda definitiva para dar o salto á División de Honra ou manterse nela se os pabellonistas seguen adiante.