SEGUNDA FUTGAL

0-0 | O Sénior empata e optará ao ascenso

DOMINGO 17/05/2026 (17:00)  Campo: ALBÁN (100)

CD COLES: 0 – PABELLÓN CF: 0 (0-0)

O Sénior clasificouse para disputar a promoción de ascenso a Primeira Futgal ao empatar sen goles no campo do Coles na derradeira xornada da Segunda Futgal. A derrota do Moreiras en Seixalbo deixou vía libre para o pase dos branquiverdes.

No partido os de Toño Sanmartín tiveron varias ocasións para haberse levado o partido e os locatarios tiveron nunha falta de Álex ao pao na primeira metade, a mellor oportunidade. Ao final o marcador non se movería.

Os posibles rivais dos pabellonistas na promoción de ascenso, á espera do sorteo, son: Colegio Hogar, Gondomar FB e Sam Miguel CF (Grupo de Vigo) e SD Ponte Arnelas, CD Soutomaior e SD Romay (Grupo de Pontevedra). Para dar o salto de categoría é necesario pasar dúas eliminatorias.

Os branquiverdes sumaron trece xornadas seguidas sen perder

FICHA TÉCNICA

CD Coles: Cibeira, Aarón, Ibra (Caramés, m.63), Álex, Hatim, Sotelo, Víctor, Alassane, Buba, Yeray e Gustavo (Héctor, m.61).

Pabellón CF: Nacho, Enrique (Óscar, m.76), Pede, Pedro, Rober, Sergio (Jhonny Merlo, m.76), Noli, Aldán, Numan (Xoel, m.58), Moure (Raúl, m.58) e Jhonny Nóvoa.

Árbitro: Manuel Jiménez Domínguez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Cibeira (m.83), Víctor (m.86) e Sotelo (m.90) nos locais e nos visitantes a Moure (m.32), Pedro (m.45) e Rober (m.77).

Os capitáns de ambos equipo co colexiado