O Senior, con moitas baixas, cae ante un Sporting Celanova que estivo mellor

O partido presentaba a dous equipos que aínda non coñecían a vitoria despois de tres xornadas e emparellados con dous puntos na táboa clasificatoria da Primeira Galicia. Os de Luis Parada presentaban bastantes baixas para afrontar esta cita.

Ao final a vitoria decantouse do lado do Sporting Celanova despois de adiantarse no marcador ao cuarto de hora por medio de Miguel Nieto. Antes Varandela avisara con dous disparos perigosos para os branquiaziuis e nos de Luis Parada, Martín non puido resolver un man a man frente a Isma. 

Ata o descanso habería poucas novidades. O local Iago Sanginés intentou unha vaselina que neutralizou ben Julián e Numan disparou desviado antes do descanso.

Segundo tempo

No arranque da segunda os celanovenses incrementarían a vantaxe nun remate coa testa de Varandela despois dun centro lateral. Esperábase unha reacción dos branquiverdes, pero a verdade é que o xogo deixaba ver que estaba mais preto o terceiro dos locais que o primeiro dos capitalinos.

E así foi. A poco máis dun cuarto de hora do final Rizos colocaba o terceiro. Despois dun par de ocasións de Caseiro e Mauro chegaría o tanto branquiverde nun remate coa testa de Antón con sete minutos, máis o desconto, para tratar de meterlle o medo no corpo ao Celanova, pero o cuarto de Pulpi na recta final finiquitou o choque.

Na próxima xornada o Pabellón recibe nos Remedios a un Sporting Carballiño que este domingo caía de forma abultada no seu feudo co Allariz.

FICHA TÉCNICA

Sporting Celanova (4): Isma, Dani (Efrén, m.71), Pablo Soto, Miguel Codeso, Ismael, Diego Rivera (Pulpi, m.60), Miguel Nieto, Lito, Chema (Rizos, m.60), Iago Sanginés e Varandela (Codeso, m.67).

Pabellón CF (1): Julián, Rober (Sergio, m.46), Araújo (Berni, m.79), Mario Langa, Unai, Cacha, Pablo Langa (Carid, m.46), Pancho, Numan (Antón, m.59), Martín (Caseiro, m.59) e Mauro.

Árbitro: Graña Rodríguez, asistido en las bandas por Castro Fernández e Jiménez Domínguez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Dani (m.45) nos locais e a Carid (m.79) nos visitantes.

Goles: 1-0, m.15: Miguel Nieto. 2-0, m.52: Varandela. 3-0, m.76: Rizos. 3-1, m.83: Antón. 4-1, m.86: Pulpi.

Incidencias: Partido da cuarta xornada da Primeira Galicia. Campo anexo San Rosendo en Celanova.