Rivo e Teo, partícipes no ascenso da Galega Sub-14
Os xogadores infantís branquiverdes Martín Rivo e Teo Fernández formaron parte da Selección Galega Sub-14 que vén de acadar o ascenso á 1ª División do Campionato de España, un éxito de enorme relevancia para o fútbol base galego. A Selección Sub-16 tamén obtivo o mesmo premio.
O combinado autonómico, dirixido por Lalo Suárez, certificou o salto de categoría tras impoñerse a A Rioxa (1-0) en Pastoriza na derradeira xornada, culminando así un campionato moi completo tanto a nivel colectivo como competitivo.
O triunfo permitiu a Galicia situarse entre as mellores seleccións do panorama nacional na súa categoría para a próxima tempada.
Dende o Pabellón CF queremos expresar o noso orgullo pola participación de Martín e Teo neste logro, representando ao club coa máxima responsabilidade e compromiso.
Parabéns a toda a expedición galega e, de maneira moi especial, aos nosos dous xogadores por contribuír a este importante feito deportivo.