1ª Autonómica Infantil-Play Off

Empatou co Santa Teresita cun cruce de goles (3-3)

Infantil B

Reparto de puntos no campo de Eiroás entres Pabellón "B" e Santa Teresita dentro do Play Off da 1ª Autonómica Infantil (3-3) nunha cita aberta.

O partido estivo marcado polas alternativas no marcador. Ao descanso mandaban os locatarios despois de remontar o tanto de David polos nosos. Aos sete minutos da renudación novamente David colocaba o balón dentro da rede local para establecer un empate que duraría oito minutos xa que o Santa Teresita volvería a cobrar vantaxe. Posteriormente, un penalti anotado por Adrián deixaría o definitivo empate (3-3). Ver ficha técnica. O equipo pecha a táboa deste Play Off cando restan dúas xornadas. Ver clasificación.