Primeira Galicia Cadete

O Promesas cadete afronta a última batalla polo ascenso no Barco

O Pabellón Promesas disputará este domingo (12 horas) a última xornada da fase polo título da Primeira Galicia Cadete, visitando ao Barco no campo de Villoira.

Os de José Manuel Salgado necesitan un punto para sellar o ascenso á Liga Galega. O seu rival por esa praza é o Barbadás, ao que lle leva tres puntos de vantaxe. Co particular empatado, o conxunto de Os Carrís ten vantaxe dun gol no diferencia entre os tantos anotados e recibidos.

Desta maneira, a derrota do pabellonistas e unha victoria dos azuis daríalle o ascenso a estes últimos, que xogan no seu campo contra a UD Ourense "B". Con esta situación o Promesas necesita un punto para dar o salto de categoría ou que o Barbadás non gañe.

¡Moita sorte rapaces!