LIGA NACIONAL XUVENIL

Previa | O Xuvenil A visita o fortín de Fragoselo

Coruxo FC - Pabellón CF (Fragoselo; sábado 6, 12:30 horas):

O sábado pola mañá dispútase en Fragoselo o partido da 14ª xornada da Liga Nacional Xuvenil, cun Coruxo lanzado na zona alta e un Pabellón que buscará reaccionar tras o seu último tropiezo.

O conjunto coruxista chega á cita situado na cuarta posición con 26 puntos, ocupando unha das dúas prazas de ascenso á División de Honra. O seu rendemento en Fragoselo está a ser decisivo: en seis partidos como local só o Val Miñor B conseguiu derrotalo (0-1). Os outros cinco encontros saldáronse con vitoria, o que converte o feudo verdibranco nun dos máis difíciles do campionato.

A solidez defensiva é outro dos piares do Coruxo. Con apenas tres goles encaixados na casa e doce en total, o equipo é o segundo menos goleado da categoría, un dato que explica o seu equilibrio e capacidade para competir en cada partido.

O Pabellón, pola súa parte, combina luces e sombras. Se ben chega a este duelo tras catro saídas consecutivas puntuando, mostra da súa boa resposta lonxe de Ourense, o equipo branquiverde vén de sufrir unha derrota na casa na última xornada, un resultado que lle deixa a necesidade de volver sumar canto antes. Con todo, o seu sólido rendemento como visitante dálle argumentos para competir en Fragoselo, malia ser un dos escenarios máis esixentes da liga.

Espérase un partido atractivo, cun Coruxo en plena dinámica ascendente e un Pabellón disposto a demostrar que a derrota recente foi só un freo puntual. Un choque de estilos, ambicións e momentos que promete emoción na mañá do sábado.

O técnico ourensán Rubén García non poderá contar para esta cita con Álex Riveiro, Maikel, Gómez, Samuel Villar, Samuel Ferraz e Jesús. Soamente recupera a Lucas.

Rodrigo González Lamas, asistido nas bandas por Raúl Casal Pablo Casal, do Colexio de Vigo, serán os responsables da arbitraxe. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 14.