LIGA NACIONAL XUVENIL

Previa | O Xuvenil A, obrigado a gañar

Ourense CF - Pabellón CF (Oira; domingo 10, 12:00 horas):

A xornada 33ª da Liga Nacional, penñultima do campionato, depara un derbi en Oira no que o Xuvenil A xógase moito. Os branquiverdes, con 37 puntos, están obrigados a gañar para seguir loitando pola permanencia. 

Os pabellonistas intentan eludir os catro arrastres de descenso que deixou a derradeira xornada na División de Honra, o que eleva a seis os descensos nesta Liga Nacional

A escuadra ourensanista, penúltima con 20 puntos, presenta un bagaxe de catro vitorias, dous empates e dez derrotas como local, habendo anotado 20 goles e encaixado 39. Preséntanse nesta cita tras unha serie de tres derrotas consecutivas.

O central Tiago Barbosa, lesionado na fase de quecemento en Santiago, está prácticamente descartado para esta penúltima cita ligueira nos de Rubén García.

A arbitraxe corresponderá a Borja Cardoso Rodríguez, asistido nas bandas por Rodríguez Labrador e Rial Fernández, do Colexio de Ourense. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 33.