LIGA NACIONAL XUVENIL

Previa | O Xuvenil A, á caza de puntos na Xunqueira

CD Areosa - Pabellón CF (A Xunqueira; domingo 21, 12:00 horas):

O campo da A Xunqueira será este fin de semana o escenario do encontro correspondente á 20ª xornada da Liga Nacional Xuvenil, no que se medirán Areosa e Pabellón nun duelo directo da zona media da clasificación.

Ambos conxuntos chegan a esta cita empatados a 22 puntos, despois de non competir a pasada fin de semana pola alerta laranxa provocada pola borrasca Ingrid, o que engade aínda máis importancia a un partido clave para os dous.

O Areosa presenta uns rexistros como local de dúas vitorias, catro empates e dúas derrotas, cun balance de dez goles a favor e dezasete en contra nos oito encontros disputados na súa casa. Non en van, os vigueses son, ata o de agora, o equipo que máis empates suma da categoría, con sete igualadas.

Na primeira volta, os areosáns foron quen de asaltar o Miguel Ángel (2-3), nun partido no que lograron remontar dous goles de vantaxe do conxunto branquiverde, un antecedente que serve de aviso para os de Ourense.

O Pabellón desprazase coa clara intención de sumar un resultado positivo que lle permita acadar canto antes os puntos necesarios para a permanencia, nunha categoría moi igualada na que ata nove equipos están separados por unha mínima marxe na zona media da táboa.

Para este partido o adestrador Rubén García non poderá contar con Samuel Villar, Lucas, Jesús, Álex Riveiro, Gómez e o sancionado Melguizo. Recupera ao porteiro Maikel.

A arbitraxe estará a cargo de Eduardo Rivera Gores, asistido nas bandas por Díaz González Riveiro González, do Colexio de Vigo. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 20.