LIGA NACIONAL XUVENIL

Previa | O Xuvenil A, ante un aspirante ao ascenso

Pabellón CF - Ural Español CF (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 5, 12:00 horas):

A competición avanza e o calendario sitúanos na quinta xornada da Liga Nacional Xuvenil, na que o Pabellón recibe ao Ural Español de A Coruña, que como nas última tempadas pugna por unha das dúas prazas de ascenso á División de Honra

Os coruñeses son quintos clasificados con 7 puntos, un máis que os ourensáns. Perderon na xornada que abría o campionato co Coruxo (0-1) pero posteriormente encadearon tres partidos consecutivos sen perder. Gañaron ao Ourense CF (0-3) e UD Ourense (2-0) e empataron no campo do Areosa (2-2).

Os de Rubén García, que levan dúas derrotas consecutivas, intentarán revertir esa racha incómoda para manterse na zona media-alta da táboa. O adestrador pabellonista non poderá contar con Álex Riveiro, David, Maikel, Gómez, Hugo e Samuel Villar. Recupera a Veiras tras cumprir sanción.

Adrián Estévez Blanco será o árbitro do partido, asistido nas bandas por Montero Álvarez e Alves Pereira, do Colexio de Ourense. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 5.