Previa | O Xuvenil A afronta outra cita directa
CD Conxo Santiago - Pabellón CF (Santa Isabel; domingo 3, 12:00 horas):
A 32ª xornada da Liga Nacional Xuvenil trae consigo un duelo de máxima tensión no campo de Santa Isabel, onde Conxo Santiago e Pabellón xogarán un partido clave pola permanencia cando restan apenas tres xornadas para o final.
O conxunto santiagués chega á cita como 15º clasificado con 34 puntos, ocupando posicións comprometidas. Os números como local reflicten as súas dificultades: tres vitorias, tres empates e nove derrotas, cun balance de 16 goles a favor e 28 en contra, datos que evidencian a necesidade urxente de sumar.
Pola súa banda, o Pabellón sitúase na 11ª praza con 37 puntos, fóra dos postos de descenso por efecto arrastre, e atravesa un momento positivo tras seis xornadas consecutivas puntuando, o que lle permitiu coller aire na clasificación.
Lonxe do Miguel Ángel, os ourensáns amosaron competitividade, logrando puntuar en dez encontros, un dato que reforza a confianza do equipo de cara a esta saída. Ser capaces de sumar en Santa Isabel suporía un paso de xigante cara á permanencia, nun escenario onde cada punto pode resultar decisivo.
Á espera do derradeiro adestramento semanal deste sábado pola mañá, Rubén García recupera para este partido a Nico e Samuel Ferraz tras cumprir sanción.
A arbitraxe estará a cargo de Óscar Martínez Santos, asistido nas bandas por Ferro Benito e Troitiño Pose, do Colexio de Santiago. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 32.