Previa | O Xuvenil A viaxa á Coruña
Victoria CF - Pabellón CF (A Grela 1; sábado 27, 12:15 horas):
A cuarta xornada da Liga Nacional Xuvenil leva ao equipo pabellonista ata terras coruñesas para enfrontarse ao Victoria, décimo cuarto na táboa clasificatoria con 3 puntos.
Os herculinos gañaron a domicilio na primeira data da competición no campo do Conxo Santiago (0-1) sendo o único gol que levan a favor ata o momento. Os dous seguintes compromisos saldáronos con sendas derrotas co Celta B (0-1) na casa e a domicilio co Choco (5-0).
Os de Rubén García, cuartos na clasificación con 6 puntos, buscarán un resultado positivo despois do revés da semana pasada no Miguel Ángel. O adestrador pabellonista non poderá contar con Álex Riveiro, David, Maikel, Gómez, Hugo, Samuel Villar e Veiras, neste último caso por sanción e á espera do último adestramento a primeira hora da tarde deste venres.
A arbitraxe correrá a cargo de Diego Seoane Sánchez, asistido nas bandas por Jorge Andrés e Mkrtychyan Levon, do Colexio de A Coruña. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 4.