LIGA NACIONAL XUVENIL

Previa | O Xuvenil A intentará refrendar un bo inicio

Pabellón CF - CD Areosa (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 21, 12:00 horas):

A terceira xornada da Liga Nacional Xuvenil ofrece a visita do Areosa ao equipo branquiverde. Curiosamente será o terceiro partido consecutivo dos vigueses ante os equipos ourensáns da categoría despois de medirse a Ourense CF e UD Ourense 

En ambas confrontacións os olívicos forzaron sendos empates -suman 2 puntos- despois de neutralizar marcadores adversos nas dúas citas.

Os de Rubén García, que comparten o primeiro posto con Celta B e Coruxo como únicos equipos con pleno de triunfos, afrontan esta cita co obxectivo de seguir sumando puntos de cara ao obxectivo de conseguir a permanencia. 

O adestrador local non poderá contar con David, Gómez e Samuel Villar, que sufriu unha fractura nun pé. Mentres, o ferrolán Iker Sabín, lesionado na pretempada, comezou a adestrar este xoves. 

O árbitro do partido será Adrián González Rey, asistido nas bandas por Romero Machado e Rodríguez Iglesias, do Colexio de Ourense. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 3.