Previa | O Xuvenil "A", ante un rival sen agobios
Pabellón CF - AJ Lérez (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 11, 12:00 horas):
O penúltimo partido como local do Pabellón na Liga Nacional Xuvenil, xornada trinta e unha, depáralle un enfrontamento contra un rival sen agobios clasificatorios e coa tempada feita.
Os branquiverdes (52 puntos) soamente poden pensar na vitoria para refrendar a sexta praza do grupo xa que virtualmente está fóra da loita polo ascenso, dúas prazas para as que están ubicados Racing (69), Lugo (61) e Coruxo (59).
Pola súa parte, o AJ Lérez (36) preséntase neste partido tras sumar un punto dos últimos doce en xogo. O seu balance como foráneos é de once puntos tras dous triunfos, cinco empates e oito derrotas, anotando dezaseis tantos e encaixado o dobre, trinta e dous. Na primeira volta os pabellonistas venceran 0-2 a domicilio.
Para este partido seguen as ausencias de Cougil, David, Álex Riveiro, Gómez, Joel Pacios, Joel e Youness. Os técnicos Iván Alonso e Xoel Docampo repetirán a convocatoria da pasada fin de semana.
A arbitraxe estará a cargo de Brais Rodríguez García, asistido nas bandas por Prendes Cacabelos e Gallego Cabanas, do Colexio de Ourense. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 31.