SEGUNDA FUTGAL

Previa | O Senior repite no Miguel Ángel

Pabellón CF - CD Viana (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 12, 16:30 horas):

O Senior repite no Miguel Ángel recibindo nesta ocasión ao CD Viana na sétima xornada da Segunda Futgal. Os dous equipos suman 9 puntos.

Os vianeses comezaron fortes a competición con tres vitorias cinsecutivas. As tres seguintes tiveron resultados negativos. 

Como visitantes gañaron no campo do Coles (1-2) e no do Taboadela (0-3). Suman 9 goles anotados por 10 encaixados. 

Os de Toño Sanmartín chegan a este partido despois de dúas vitorias consecutivas. Nesta buscarán un novo triunfo que lles permita escalar algún peldaño na táboa. Gañar dous partidos consecutivos como local non é facil.

Por diferentes motivos nos locais non estarán Xoel, Jorge e Rubén, mentres que Aldán e Noli serán dúbidas ata última hora pendentes do último adestramento semanal deste venres. 

Xoel Pintos Fernández é o árbitro designado para este partido. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 7.