Previa | O Senior recibe a un rival incómodo
Pabellón CF - CD Rocas (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 18, 16:00 horas):
O Pabellón CF abre a segunda volta da Segunda Futgal cun duelo de máxima igualdade diante do Rocas, nun encontro que se presenta especialmente atractivo tendo en conta que ambos conxuntos chegan empatados a 28 puntos na clasificación.
O cadro pabellonista está a amosar unha liña moi sólida no campo do Miguel Ángel, onde durante a primeira volta asinou uns números destacables: seis vitorias, dous empates e dúas derrotas, con dezanove goles a favor e doce en contra. Ademais, os locais afrontan esta cita nun bo momento de resultados, cunha serie de sete xornadas consecutivas sen coñecer a derrota, un dato que reforza a confianza do equipo de cara a este inicio da segunda metade do campionato.
Pola súa banda, o Rocas está a demostrar ser un rival perigoso lonxe da casa. Como visitante, o conxunto rival presenta un balance de catro triunfos, dúas igualadas e catro derrotas, cun rexistro de catorce goles marcados e doce encaixados. Os visitantes chegan ao choque co ánimo alto, logo de dúas vitorias consecutivas, o que anticipa un encontro moi competido.
Con estes ingredientes, o partido promete intensidade, equilibrio e emoción, nunha xornada que pode marcar o rumbo de ambos equipos nesta loita por manterse nas posicións altas da táboa ao comezo da segunda volta. Na primeira xornada del liga o Rocas impuxérase con claridade (4-0) ao Pabellón.
Toño Sanmartín non poderá contar por diversas causas con Rubén, Enrique, Anxo, Guzmán e Cacha. Son dúbidas Pede, Aldán e Rober. Mentres, recupera a Luis e sempre á espera do último adestramento de hoxe.
Christian Robles González é o colexiado designado. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 18.