Previa | O Sénior non quere sorpresas
Pabellón CF - CD Caldelao (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 10, 17:00 horas):
Penúltimo escollo para o Sénior coa disputa da 33ª xornada de Segunda Futgal na que buscará manter a súa praza de promoción de ascenso ante o colista da categoría.
Os pabellonistas, con 64 puntos no cuarto lugar, chegan a esta confrontación despois de once vitorias consecutivas e non queren ningún tipo de sopresas, das que está cheo o fútbol, ante un Caldelao que se presenta neste choque con tan só 14 puntos e sendo o conxunto máis goleado dos dezaoito do grupo con 103 dianas recibidas. Como visitantes presentan un balance de unha vitoria, dous empates e trece derrotas con 23 goles anotados e 61 encaixados.
Non están dispoñibles para este partido: Rubén, Miguel Ángel e Guzmán. Toño Sanmartín recupera a Jhonny Merlo e son dúbidas Anxo e Pedro á espera do último adestramento deste venres.
O colexiado encargado de dirixir o partido é Alejandro Alonso Cobelas. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 33.