Previa | O Sénior, a manter o posto de promoción
Raio Alaricano - Pabellón CF (O Seixo-Luis Cid Carriega; sábado 2, 16:00 horas):
O equipo Sénior afronta este sábado unha cita moi importante na 32ª xornada da Segunda Futgal, coa visita ao campo do Raio Alaricano, nun encontro no que os ourensáns buscan dar continuidade á súa espectacular dinámica.
Os pabellonistas chegan como cuartos clasificados con 61 puntos, ocupando praza de promoción de ascenso tras encadear dez vitorias consecutivas, unha racha que lles permitiu dar un salto decisivo na táboa. O obxectivo está claro: manterse nese posto nas tres xornadas que restan, sabendo que sumar tres triunfos máis garantiríalles loitar polo ascenso a Primeira Futgal.
O primeiro paso pasa por superar a un Raio Alaricano que, malia a súa situación, non será un rival doado. O conxunto local é penúltimo con 20 puntos e chega tras cinco partidos sen coñecer a vitoria, pero no seu feudo xa foi capaz de sumar catro triunfos e dous empates, aínda que tamén presenta cifras defensivas fráxiles, con 40 goles encaixados por só 14 anotados.
Con todo, o Pabellón deberá facer valer o seu gran momento competitivo e a súa confianza para sumar tres puntos necesarios na pelexa pola promoción de ascenso.
Non están dispoñibles parra este partido: Rubén, Miguel Ángel, Guzmán, Changui e Jhonny Merlo O adestrador Toño Sanmartín recupera a Nacho e Noli tras cumprir sanción, ainda que para o centrocampista será dúbida a súa participación.
Marcos Pérez López é o arbitro designado para dirixir o partido. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 32.