SEGUNDA FUTGAL

Previa | O Senior, en cuadro, ante un rival en apuros

Pabellón CF - CD Raio Alaricano (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 14, 16:00 horas):

O equipo Senior pecha o ano no Miguel Ángel coa disputa da 15ª xornada da Segunda Futgal, un encontro no que os pabellonistas, que presentan moitas baixas, intentarán prolongar a súa boa dinámica e despedir 2025 como local cun triunfo que consolide o seu crecemento competitivo. 

Os branquiverdes chegan a esta cita encadeando catro xornadas sen perder, unha serie que lles permitiu asentarse na oitava posición con 21 puntos e recuperar confianza tras un inicio irregular. A solidez defensiva e un maior equilibrio no xogo permitíronlle ao equipo de Toño Sanmartín sumar con regularidade nas últimas semanas.

En fronte estará o Raio Alaricano, que visita o Miguel Ángel en situación comprometida. O conxunto alaricano é décimo sexto con 11 puntos e presenta un balance moi pobre como visitante: unha única vitoria —no campo do Taboadela— e seis derrotas nos sete desprazamentos realizados. Neses partidos anotaron cinco goles e encaixaron dezaseis.

Aínda así, no vestiario pabellonista ninguén quere caer na confianza. Os números do rival son só unha referencia e cada partido ten a súa historia, especialmente nun momento da tempada no que os equipos con necesidades adoitan competir con maior intensidade.

Para o Pabellón, sumar os tres puntos sería o mellor peche de ano no Miguel Ángel, reforzando a súa liña ascendente e permitindo afrontar o tramo final da primeira volta con aspiracións de seguir escalando na táboa.

Nos pabellonistas non serán da partida Rubén, Enrique, Changui, Luis, Sergio e Pede non serán da partida. Son dúbidas Noli, Cacha e Guzmán á espera do último adestramento deste venres. Con respecto a anterior xornada Toño Sanmartín recupera a Raúl

Manuel Casanova Cudeiro será o responsable da arbitraxe. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 15.