COPA DEPUTACIÓN

Previa | O Senior afronta a Copa

SCD Paderne - Pabellón CF (Vista Hermosa; domingo 31, 18:30 horas):

A eliminatoria dos 32avos de final da Copa Deputación abre o telón das competicións oficiais para esta nova tempada 2025-2026. Os branquiverdes rendirán visita ao Paderne nunha confrontación a partido único entre dous conxuntos que militan na Segunda Futgal.

Para esta cita o adestrador Toño Sanmartín non poderá contar con Noli, mentres que o defensa Miguel Ángel é dúbida por unhas doenzas musculares. Haberá que esperar ao último adestramento deste venres para coñecer a convocatoria.

Noel Rodríguez Iglesias será o colexiado do partido en Vista Hermosa. No seguinte enlace pódense ver as eliminatorias e horarios:

COPA DEPUTACIÓN SENIOR