SEGUNDA FUTGAL

Previa | Rival rocoso a domicilio para o Senior

Pabellón CF - CD Moreiras (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 16, 16:00 horas):

O Senior afronta este domingo no campo Miguel Ángel unha nova cita ligueira ante o Moreiras, correspondente á undécima xornada da Segunda Galicia. Será un duelo entre dous conxuntos que comparten pasado recente, pois ambos ascenderon a pasada campaña desde o mesmo grupo da Terceira Futgal.

O equipo visitante chega situado na sexta praza con 18 puntos. Os de Moreiras están a asinar un sólido inicio de tempada e destacan pola súa fortaleza a domicilio, onde só perderon un encontro —no campo do Piñeira Seca (1-0)—, logrando dúas vitorias e dous empates. Ademais, son o conxunto menos goleado fóra da casa, cun balance de só tres tantos encaixados como visitantes.

Pola súa parte, o Pabellón é undécimo na clasificación con 13 puntos e tratará de poñer fin á súa serie de tres xornadas sen gañar. Os de Toño Sanmartín buscan recuperar sensacións ante a súa afección e romper a dinámica negativa ante un rival difícil.

O encontro disputarase no campo Miguel Ángel, onde os blanquiverdes queren facerse fortes e sumar tres puntos que lles permitan escalar posicións e achegarse á zona tranquila da táboa.

Por diferentes motivos nos branquiverdes non estarán por diferentes motivos XoelRubén, lesionados, Jhonny Merlo, Changui e Enrique, neste caso polo falecemento da súa avoa no seu país natal e ao que lle facemos chegar o noso máis sentido pésame. Mentres, Aldán e Raúl son dúbidas á espera da evolución das súas doenzas.

Brais Carballo Alfonso é o árbitro designado para o enfrontamento. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 11.