Previa | Proba final para o Senior
Pabellón CF - Bande FC (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 8, 18:30 horas):
Despois de vinte e dous partido de Liga e outros tres da promoción de ascenso, o Pabellón afronta este domingo a última cita da tempada con nada máis e nada menos que o salto á Segunda Futgal en xogo.
Os branquiverdes chegan a este compromiso cun resultado favorable (1-2) no partido de ida disputado no campo do Outeiro. Este domingo espérase un bo ambiente nas bancadas do Miguel Ángel.
Enfrente terá a un rival que virá disposto a darlle a volta á eliminatoria e cun importante bagaxe a domicilio en toda a tempada, once triunfos e unha soa derota.
O adestrador local Toño Sanmartín está pendente da evolución de varios xogadores con diferentes molestias, e polo tanto haberá que esperar ao último adestramento semanal deste venres para coñecer a lista de convocados para o domingo.
Manuel Pazos Rodríguez será o colexiado do partido, asistido nas bandas por Queija Domínguez e Jiménez Domínguez.