TERCEIRA FUTGAL OURENSE/PROMOCIÓN DE ASCENSO

Previa | Primeiro asalto para o Senior

Pabellón CF - Soutopenedo CF (Miguel Ángel-Os Remedios; sábado 10, 18:00 horas):

Rematada a liga regular chega a promoción de ascenso na Terceira Futgal coa disputa do choque de ida da primeira eliminatoria de dúas que deben solventarse para dar o salto á Segunda Futgal. A outra semifinal enfronta a Bande e Amoeiro.

O Soutopenedo foi o segundo clasificado no Grupo 1º despois de moitas xornadas encaramado na primeira praza. No seu haber soamente figuran dùas derrotas nos vinte e seis partidos disputados, ambas como visitante e dentro das catro últimas xornadas.

Piñeira Seca e Muntián-As Maravillas foron os únicos equipos que puideron co conxunto de O Corgo, que ten en Marcos Morinigo ao máximo realizador dos dous grupos con 28 dianas.

Os pabellonistas intentarán sacar adiante este partido sendo conscientes de que son cento oitenta minutos de eliminatoria. Temos que lembrar que os de Toño Sanmartín solventaron favorablemente nove partidos no Miguel Ángel, onde encaixaron dúas derrotas.

Non estarán para este partido ás habituais baixas de toda a tempada súmanse as de Ignasi e Jorge. Son dúbidas Aldán e Numan, ao tempo que Pibe xa está habilitado tras cumprir sanción. A convocatoria completarse con xuvenís.

Martín Pérez Quintas será o arbitro do partido, asistido nas bandas por Cid Menor e Fernández Pérez